sábado, 27 de diciembre de 2014

Figuras de Nadal de plastilina


A imaxineria do Nadal préstase moi ben para facer figuras de plastilina. Aquí vos deixamos algunhas propostas, un reno, un papá Noel, un pastor mais un neno. Para lograr algunhas cores, como a dos cornos do reno ou a cor da pel mesturamos cores primarias. O estilo das figuras, a gusto de cada quen. Neste caso démoslle un toque contemporáneo co peiteado do pastor e o chupete do neno. Ao papá Noel puxémoslle o narís vermello polo frio destes días.


martes, 16 de diciembre de 2014

Novo taller de Nadal



Chegan as vacacións de Nadal e o tempo para pasear, xogar e facer manualidades. Para as mañás do 22, 23 e 24 de decembro temos preparado un obradoiro de plastilina moi especial. Faremos un Belén  con todas as súas figuriñas. Animádevos e vinde. Cantos máis seamos, máis divertido!

martes, 2 de diciembre de 2014

Modelado con máquina laminadora



Nesta sesión, utilizamos a máquina laminadora para facer tiras moi finas de plastilina. E logo fixemos unha composición libre. A máquina permítenos modelar o material accionando unha manivela. Xa vola mostraremos noutra entrada, aos pequenos artistas gústalles moito.

martes, 11 de noviembre de 2014

Gústannos os coches



No taller de plastilina, as mans creadoras volveron modelar formas xa coñecidas. Definitivamente, gústannos os veículos con rodas.

Debuxo libre con ceras

Figura humana, debuxada por un rapaz de cinco anos.

Os contos como inspiración


"O lobo feroz" é unha personaxe clásica dos contos que non deixa indiferente a ningún neno. Aquí temos a interpretación que fixo unha meniña de dous anos na sesión de debuxo libre con ceras.

jueves, 6 de noviembre de 2014

O taller de plastilina, en marcha



O taller de plastilina para nenos comezou o pasado luns. Neste primeiro encontro familiarizámonos co material. Aquí vos deixamos algunhas imaxes das nosas obras. Vémonos o vindeiro luns, ás cinco da tarde, na Escola de Pau.

jueves, 25 de septiembre de 2014

Información sobre horarios e grupos


Novas actividades na escola de pau


A asociación cultural e deportiva Dorna da Illa de Arousa comezou un novo curso escolar ampliando a súa oferta de actividades habituais. Ademais de baloncesto, música tradicional e xadrez, a entidade engadiu á súa programación sociocultural os obradoiros de xadrez e de artes plásticas.

Os talleres de artes plásticas están dirixidos tanto a nenos como adultos. A escola de pau permanecerá aberta tres mañás á semana (luns, mércores e venres) para que todos aqueles adultos que o desexen realicen actividades de debuxo, pintura libre e collage. Ademais, no mesmo espazo tamén se ofrecen pola tarde actividades de debuxo e modelado con plastilina para nenos e nenas a partir de tres anos. 

miércoles, 24 de septiembre de 2014